IMG_7274

Magosto 2017

Este 10 de novembro todas as etapas educativas participaron na festa de benvida ao inverno, saboreando as deliciosas castañas.
Os días previos, ambientamos os corredores e o vestíbulo nunha exposición cos mellores traballos.
Familias colaboradoras, ANPA e alumnos voluntarios fixeron posible a realización da festa tradicional.
GRAZAS A TODOS POR COLABORAR !!!
Details

Entrega de premios

O último día de clase, venres 23 de xuño, tivo lugar a entrega de agasallos aos alumnos gañadores da campaña promovida polo EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega) do colexio. Esta campaña tiña como obxectivo dinamizar o uso da nosa lingua entre o alumnado do noso centro.

Details
Neno_lendoFMS

Gañadores Frei Martín Sarmiento 2017

Listaxe de autores e títulos gañadores da XIII edición: EDUCACIÓN  INFANTIL Cé  Orquestra Pantasma: Fíos do querer, S. Coop. Galega Miudiño   1ª CATEGORÍA (1º e 2º de EP) Pinto & Chinto: A estrambótica illa do tesouro, Ed. Bululú   2ª CATEGORÍA (3º e 4º de EP) Xan López Domínguez: Viaxe a Dragonia. Rodeira-edebé 3ª…

Details
Lugar_de_Chelo

Explica Xeografía con fotos

Convocado polo Dpto. de Xeografía da USC e a Asociación de Xeógrafos Españoles (AGE) un grupiño de alumnos de 1º e 2º ESO participaron no concurso “Explica Xeografía coas túas fotos”, do que aínda estamos á espera de fallo. Ademais da fotografía, cada alumno tiña que aportar unha descrición pormenorizada do lugar e dos elementos…

Details
DSC_0244

Festa da Lingua ESO

Como recompensa á lectura das obras seleccionadas para o Premio Frei Martín Sarmiento 2017, organizado por Escolas Católicas, o 28 de abril a ESO desprazámonos a Compostela. Visitamos o interesante Museo do Pobo Galego, memoria etnográfica de Galicia, e rendemos homenaxe aos persoeiros soterrados no Panteón de Galegos Ilustres.  Fixemos camiñata polo precioso parque de…

Details