Aparello Locomotor 5º EP

O pasado venres os alumnos de 5º de Educación Primaria poideron gozar dunha charla sobre o aparallo locomotor a cargo de María Suárez (traumatóloga), nai dun alumno.

A temática consistiu nun vídeo do esqueleto, a interpretación de radiografías, tipo de lesións, material necesario para o seu tratamento e consellos para previr accidentes. Tamén vimos como diagnosticar unha fractura e o negatoscopio, o aparello que nos sirve para ver mellor as radiografías.

 

Ademáis, os nenos poideron probar as férulas analizando os diferentes tipos e dependendo do seu uso.

Houbo moita participación por parte do alumnado.

A valoración foi moi positiva e dende o centro dámoslle de novo as grazas a María pola súa colaboración.