Encontro con María Solar

Nas aulas de Lingua Galega e Literatura, comezou a súa andaina este curso o club de lectura de Bacharelato coa obra As horas roubadas de María Solar, que tivo moi boa acollida entre o alumnado.

O martes, 31 de xaneiro, ás 10:30 h. visítanos María Solar para manter unha charla-coloquio co alumnado. Dado que a obra foi seleccionada para o Premio Literario Frei Martín Sarmiento, invítase aos lectores/-as adultos que queiran acudir e participar no acto.

 

20170125_084522

20170125_134819

20170125_134800