Concurso

Deputación da Coruña convoca unha nova edición do Concurso de Viñetas que en 2017 leva por título “IgualMENTE. Sexualidade e igualdade de xénero”.

O obxecto do certame é empregar a viñeta, ou tira de viñetas (como máximo 6 viñetas) para reflexionar, concienciar e mudar mentalidades da cidadanía en xeral e da poboación adolescente en particular, xa que representan o cambio e o futuro, sobre a importancia de gozar de relacións afectivo-sexuais e de parella saudables e en igualdade, incidindo na necesidade social de respecto e tolerancia das diversidades sexuais e as identidades de xénero para acadar unha sociedade mais xusta e igualitaria.
Participantes: Todas as persoas físicas, con idades comprendidas entre 12 e 18 anos,
Premio Poderase participar en dúas categorías: CATEGORÍA A (idades comprendidas entre os 12 e 14 anos) Primeiro premio: consistirá nun iPAD AIR e unha colección de cómics Segundo e terceiro premio: consistirá nunha TABLET e unha colección de cómics CATEGORÍA B (idades comprendidas entre os 15 e 18 anos) Primeiro premio: consistirá nun iPAD AIR e unha colección de cómics Segundo e terceiro premio: consistirá nunha TABLET e unha colección de cómics.

O prazo para presentar obras estará aberto ata o 12 de abril de 2017.
Máis información no BOP da Coruña do 13 de marzo de 2017 e en http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/03/13/2017_0000001936.pdf.