Jaureguizar e Xavier Estévez en Atocha Betanzos

Os escritores Jaureguizar e Xavier Estévez estiveron no noso centro de visita para falar cós rapaces que están a ler as súas obras.

Os alumnos de 1º e 2º ESO leron a obra » O VELENO DA RISA» de Jaureguizar e os de 5º e 6º EP «TODOS OS SOÑOS» de Xavier Estévez.

O autor, Santiago Jaureguizar, ofreceu no salón de actos do centro unha charla-coloquio sobre O veleno da risa, cuarta entrega, esta vez ambientada en Lugo, de Tintimán, o hábil reporteiro que resolve todos os misterios.

O alumnado de 1º e 2º de ESO intercambiou opinións co autor sobre diferentes aspectos da obra e participou na rolda de preguntas.

O acto rematou coa sinatura de libros.