DSC00020

Disfrutamos, por terceiro ano consecutivo, do Programa Deseñando o teu Futuro no que participan 15 alumnos/as de 4º ESO e 2ºBac, que son acollidos por empresas de Betanzos e da súa contorna, todas elas responden os intereses profesionais e vocacionais dos rapaces.

Nesta convocatoria contamos ca colaboración de nove empresas: Centro Pai Menni, Centro de Fisioterapia  Esperanza López Freijomil, Britannia School, Bufete de Abogados Placer, Gardería Municipal Cocofantes, Complexo Deportivo do Carregal, Seguros Loureda, Talleres Cachaza e RC Deportivo en Abegondo. Empresas e profesionais os que agradecemos a oportunidade e acollida que ofrecen os nosos rapaces.

O programa deste ano complementa as estadías con formación de gran interese para os alumnos/as como os talleres de “coaching”, “motivación”, “elaboración dun currículo víate” e asesoramento da man dun técnico en inserción laboral, entre outras actividades.

 

20171107_162843_00320171107_162824_001LouredaRehabilitacion1Guarderia120171113_165537Rehabilitaciondeseñando o teu futuro