I Concurso Faite un selfie na feira

CONCURSO DE SELFIES

 

Quen convoca?

O CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen – Atocha Betanzos convoca o I concurso “Faite un selfie na feira» do 16 de decembro co obxectivo de resaltar a súa importancia e promocionar a nosa feira.

 

BASES

 

 

  • Participación

 

Poderán participar todos os alumnos do colexio. IMPRESCINDIBLE adxuntar autorización paterna (Clic aquí para descargar).

 

 

  • Presentación

– O concurso é de caracter individual. Soamente se aceptará unha fotografía por participante.

– Criterios de selección: creatividade, boa resolución, orixinalidade e visibilización da feira e do ambiente.

– Os traballos serán enviados ao correo electrónico: buzonatochabetanzos@gmail.com indicando nome, apelidos e curso.

 

 

  • Premios

 

Haberá 3 premios constituidos por un diploma e agasallo en material escolar.

Os 3 selfies premiados ilustrarán carteis e serán publicados na web e nas redes sociais.

 

 

  • Xurado

 

Estará constituido por un profesor e alumnos expertos no tema de 4º de ESO (que, por suposto, quedan excluidos de participar no certame).

 

 

  • Prazo de presentación

 

Establécese como data límite de entrega o 19 de decembro de 2017.

 

 

  • Fallo

 

Farase público nos paneis da entrada e na web do colexio o día 15 de xaneiro de 2018.

 

 

  • Entrega de premios

 

A entrega de premios terá lugar o día 17 de xaneiro de 2018 ás 11hrs no salón de actos do colexio.

 

* O ente organizador resérvase o dereito a modificar calquera das instruccións adheridas nesta convocatoria polo bo funcionamento do concurso.

 

 

ANÍMATE A PARTICIPAR!