20171214_113611-1

DSC_0886DSC_0872

Os alumnos visitaron a súa colección permanente, obxectos que abranguen os séculos XVIII, XIX e primeira metade do XX e que conforman unha síntese da Historia Contemporánea de España a través do seu Exército. A multitude de pezas expostas relaciónanse cos principais feitos bélicos acontecidos na cidade da Coruña, como foi a batalla de Elviña de 1809, cuxa excelente maqueta visibiliza as estratexias das tropas francesas e británicas neste episodio da guerra de Independencia.
Ademais, o Museo expón todo tipo de armamento contemporáneo, condecoracións, uniformes, bandeiras, cartografía, arte decorativa… Destacable foi tamén a maqueta do navío da expedición Balmis que levou a vacina da varíola a América.

Os alumnos remataron a visita ante a tom   ba de Jonh Moore, soterrado no xardín de San Carlos.DSC_0867DSC_0865