DSC00386

O día 19 de decembro os alumnos de 2º de bacharelato acudiron en Betanzos  ao Centro Internacional de Estampa Contemporánea (CIEC) para realizar unha visita didáctica. Alí puideron aprender a  diferenciar as principais modalidades de estampación. Logo cada alumno/ a iniciou o proceso de  preparación dun tema libre sobre  prancha de metal (técnica a  punta seca) para  estampalo sobre papel  levando así uns bonitos recordos desta saída.

O grupo ademais tivo a oportunidade de coñecer o interior  dun ben conservado  edificio modernista e valorar un importante  exemplo do patrimonio histórico betanceiro.

 

DSC00378 DSC00379 DSC00380 DSC00381 DSC00382 DSC00383 DSC00385