O Camiño Inglés nas rúas de Betanzos – 4º ESO

O Camiño Inglés nas rúas de Betanzos – 4º ESO

image

Elena Carro da Oficina de Turismo de Betanzos guiou ao alumnado nas súas dúbidas, tras buscar información para o proxecto sobre O Camiño Inglés nas rúas de Betanzos, dentro do proxecto interdisciplinar A pegada no tempo. O alumnado tivo a oportunidade de revisar o traxecto do Camiño, de aprender itinerarios perdidos, lendas e feitos curiosos que descoñecían.

O EDLG agradece a colaboración e a disponibilidade para que o alumnado acuda á oficina ante calquera cuestión que poida xurdir.