“Que brille o meu verso” con Antía Otero – 2º ESO

“Que brille o meu verso” con Antía Otero – 2º ESO

Para commemorar o Día da Poesía, que se celebra o vindeiro 21 de marzo, a poeta Antía Otero conversou co alumnado de 2º ESO sobre a escrita creativa e o seu instrumento, a palabra, con poemas de Rosalía de Castro, Mª Victoria Moreno, Marta Dacosta e Celia Parra.

No faladoiro descubriu a relevancia do acto creativo respondendo ás preguntas dos rapaces e rapazas, que se amosaron moi interesados e participativos.

O EDLG agradece a Antía Otero o feito de agasallarnos con tempo engadido, dada a boa sintonía e o cúmulo de preguntas. Parabéns ao SNL do Concello de Betanzos que nos ofreceu a actividade.