Correspondentes Xuvenís 3.0

Volven  ser noticia os Correspondentes Xuvenís  grazas aos que temos información relevante e actualizada, información que descoñecían a maioría dos rapaces.

Estes, sete voluntarios, gozan xa das ventaxas do carné xove e de actividades como a celebrada en Gandarío hai uns días. A última reunión mantida cos correspondentes permitiu coñecer os detalles desa fin de semana, na que participaron en actividades lúdicas, deportivas e formativas, como eles mesmos trasladan «foi unha fin de semana de convivencia, inolvidable, na que coñeceron a outros rapaces de institutos galegos que realizan este mesmo labor de difusión». Agradecen á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado esta magnífica experiencia que complementa e enriquece a súa formación, fomenta a responsabilidade, axúdalles a recoller e xestionar a información e a desenvolver habilidades sociais.

 

 

IMG_3572IMG_3574IMG_3573