XXI Día da ciencia na rúa

Igual que en anteriores edicións, os nosos alumnos participaron no XXI “Día da Ciencia na Rúa” o 7 de maio no Parque de Santa Margarida da Coruña. Este ano non só levaron proxectos propios, senón tamén algúns dos que resultaran elixidos na Feira Científica e Tecnolóxica que organizou o noso centro días antes.  Animamos asi aos rapaces a seguir por este camiño, pois experimentar é a mellor maneira de aprender e, de paso, divertirse.

Grazas a todos os participantes e…  contamos convosco en próximas edicións!