1º de EP no Día de Rosalía

1º de EP no Día de Rosalía

O alumnado de 1º de EP participou no acto “Pensando en ti, Rosalía” coa divertida interpretación de “Eu ben vin estar o moucho”.
O EDL agradece a iniciativa do curso de 1º de EP, así como a atención das familias que os acompañaron en tempo non lectivo.
O evento “Pensando en ti”, organizado polo SNL do Concello de Betanzos e a asociación Eira Vella, acolleu aos colexios da vila, asociacións e outras participacións a título persoal en homenaxe a nosa poeta, Rosalía de Castro.