Esta última semana, o alumnado de 6º de E.P. tivo a oportunidade de pechar o seu proxecto sobre Isabel Zendal coa visita dunha enfermeira.
Durante a sesión puideron descubrir, tanto de maneira teórica como práctica, a importancia desta profesión e o papel fundamental que desempeña no coidado e benestar das persoas.
Moitas grazas a Natalia e Iria por volver ao voso cole e compartir connosco a vosa experiencia, axudándonos a coñecer e valorar unha profesión tan necesaria e valiosa. 

#IsabelZendal #AprendizaxeActiva #Enfermaría
