Hoxe os alumnos de 5º e 6º acudimos á Aula de Cultura do Concello para celebrar o Pleno Infantil 2025 xunto aos alumnos do CEIP Francisco Vales Villamarín e a corporación municipal do Concello de Betanzos. Os alumnos de 6º participaron activamente con Noa como alcaldesa infantil deste ano, e Daniel, Ana e Xoel como concelleiros. As propostas se centraron no acceso á tecnoloxía e a IA por parte de nenos e maiores.
Moitas grazas a @betanzostancerca por brindarnos esta oportunidade.

