LETRAS GALEGAS 2026 – BEGOÑA CAAMAÑO

Hoxe homenaxeamos a Begoña Caamaño, unha muller única: escritora, periodista, activista. Deixounos un legado inmenso a prol da lingua e a cultura galega nos medios de comunicación e, especialmente, nos seus programas de radio (CRTVG); aportando tamén unha visión diferente e contemporánea como novelista, cunha renovación total dos mitos nas súas obras: Morgana en Esmelle e Circe ou o pracer azul.

Conversa con Begoña Caamaño: https://www.youtube.com/watch?v=ex9qMGWS_94