Hoxe celebramos o Magosto no centro
Unha xornada chea de tradición, alegría e convivencia na que gozamos dunha das festas máis queridas do outono galego. 
Desde o EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega) queremos agradecer a colaboración e implicación de toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias e persoal do centro. Grazas por facer posible esta celebración e por contribuír a manter vivas as nosas tradicións e a nosa cultura. 
Porque as tradicións medran cando as compartimos! 
