Os nenos de 2ºEP crean o seu propio «squishy»

Na última sesión de educación plástica e visual, os nenos e nenas de 2° de E.P, realizaron moito máis que unha manualidade.
A realización dun » squishy»conleva unha experiencia de desenvolvemento e aprendizaxe.
Con esta actividade desenvolvemos a estimulación sensorial e o tacto, fortalecemos a motricidade fina e aprendemos a autorregularmos.
Achegámonos, ademáis á física básica da causa e efecto xa que os nenos/as observan que un material solto e ríxido ( como o arroz, neste caso) adáptase a un contedor flexible; como cambia de forma ao aplicar unha forza e os sons que emite ao friccionar os grans entre si.
Sen dúbida unha actividade divertida e estimulante na que xogan, crean e acadan, a través dun proceso, un estimulante produto final.