A parábola do angazo – 2º ESO

O alumnado de 2º ESO acudiu á representación da obra de Talía Teatro A parábola do angazo. É unha comedia cunha posta en escena divertida e moi dinámica, que invita á reflexión sobre os usos e elección de lingua en diferentes situacións.

A proposta foi do Concello de Betanzos dentro do programa Lingua a escena da Rede cultural da Deputación da Coruña polo Día Internacional da Lingua Materna.