Accésit no Concurso de carteis das Letras Galegas

Accésit no Concurso de carteis das Letras Galegas

A alumna, Zahira Figueroa Martínez, de 2º de Educación Primaria, obtivo un accésit ao 1º premio do Concurso de carteis das Letras Galegas do Concello de Betanzos co que se lembrou á poeta Xela Arias.

Entre o 10 e o 23 de maio os carteis que se presentaron ao concurso estarán expostos no edificio do Arquivo. A entrega de premios vai ter lugar o venres 14 de maio ás 19:30 h, no Salón azul do edificio do Arquivo.

Parabéns!