Acto entrega de diplomas STEMBach na Universidade da Coruña

Acto entrega de diplomas STEMBach na Universidade da Coruña

image

Esta semana os alumnos que finalizaron e defenderon os seus proxectos de investigación realizados dentro programa STEMBach participaron no acto de entrega de diplomas promovido polo departamento STEM da Universidade da Coruña.

A participación neste programa implica tanto os profesores do centro como os da universidade que traballan de forma conxunta para titorizar os proxectos e propiciar a rigorosidade propia de este tipo de investigacións.

Noraboa a todos os alumnos e alumnas que participaron e finalizaron con éxito este esixente programa no que os estudantes adquiren as competencias necesarias para afrontar a universidade con seguridade e boa preparación.

Deixámosvos o link a noticia de prensa:  https://www.udc.es/es/novas/Alumnado-de-institutos-de-toda-Galicia-recibira-os-seus-diplomas-pola-participacion-no-programa-StemBach-realizado-na-Universidade-da-Coruna/