«Aprende a facer os podcast»

«Aprende a facer os podcast» foi o taller no que participaron hoxe os rapaces de 1° e 2° ESO, realizado no Espazo Xove de Betanzos.

No obradoiro de radio, dirixido por Sergio (laboratorio de radio), traballaron dinámicas de expresión oral e corporal para comprender a importancia da escoita activa. Redactaron cuestións, con diferentes formatos, para logo entrevistar a Elena Carro (Técnica de Turismo), Angel Arcay (director da Biblioteca e Archivo Municipal), Cristina Pichel (Directora de Xuventude  Participación e Voluntariado), José Ángel Paz (Empresa 77 de Turismo de Betanzos), Cecilia Vázquez (Xefa de Gabinete  na Delegación Territorial da Xunta de Galicia) e Alejandro Bregua (Xefe do Servizo de Xuventude e Voluntariado).

Agradecemos a invitación, resultou unha actividade enriquecedora na que o alumnado disfrtou moitísimo.