“Arredor de Xela” de Raquel Queizás para 1º e 2º EP

“Arredor de Xela” de Raquel Queizás para 1º e 2º EP

image

Hoxe, Día do Libro, nun contacontos motivador e lúdico, Raquel Queizás achegou aos nenos e nenas de 1º e 2º EP a figura de Xela Arias, poeta homenaxeada no Día das Letras Galegas, cando era nena. Amais recoméndoulle ao alumnado a única obra narrativa de Xela “Non te amola”, que escribiu para o seu fillo, e na que fala da súa infancia.

Parabéns a Raquel Queizás e ao SNL do Concello de Betanzos, que nos ofreceu a actividade para celebrar o Día do Libro.

EDLG