“Betanzos en feminino”

Para conmemorar o 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, o alumnado de 1º ESO tivo a oportunidade de participar no faladoiro “Betanzos en feminino”, da man de Silvia Carro, da Oficina de Turismo de Betanzos.

Ante a imposibilidade de facer o roteiro pola vila, fíxose unha atractiva presentación, o 11 de marzo, no salón de actos do Centro, que achegou ao alumnado a vida de mulleres pouco recoñecidas pola historia como Úrsula Meléndez de Texeda ou dona Sancha.