“Chulísima” de Aldaolado – 4º ESO

O espectáculo “Chulísima” de Aldaolado é unha combinación marabillosa de música, poesía e humor, centrado na importancia da lingua galega. O grupo de 4º de ESO acudiu hoxe, día 21 de marzo, ao evento para celebrar o Día da Poesía.

“Chulísima” é a lingua galega, o achegamento á ela por parte das poetas Lucía Aldao e María Lado é único. Unha proposta do SNL do Concello de Betanzos para os centros educativos da vila dentro do programa Lingua a escena da Rede cultural da Deputación da Coruña.