Ciencia en galego: 3º, 4º ESO e 1º Bach.

O alumnado seguiu a emisión en directo da conferencia da Dra. Ana Barreiro titulada «Un solo vivo, un planeta vivo: ameazas e desafíos para a súa conservación», na que analiza as consecuencias dos incendios forestais, a contaminación, o uso agrícola e a actividade industrial.
O relatorio está enmarcado no programa IGACIENCIA, que desenvolve diferentes actividades no Mes da ciencia en galego.