Ciencia en Galego – 4º de ESO e Bacharelato

Ao longo do mes de novembro,  con motivo da celebración do Mes da Ciencia en Galego o alumnado de 4º de ESO e Bacharelato tivo a oportunidade de seguir as videoconferencias promovidas por Igaciencia:

O 3 de novembro,  a conferencia A Física de partículas no século XXI do Dr. Diego Martínez Santos da Axencia Galega de Innovación (2º de Bacharelato)

O 24 de novembro, a conferencia A complexidade escondida no miúdo da Dra. Mónica Cartelle Gestal, profesora de Microbioloxía e Inmunoloxía na Universidade de Louisiana (4º de ESO e Bacharelato).