Club de lectura 2º Bac – Día Internacional do Libro

Club de lectura 2º Bac – Día Internacional do Libro

O grupo de 2º de Bacharelato pecha o ciclo de lecturas do Frei Martín Sarmiento coa obra Territorio descoñecido de Luís Leante, no Día Internacional do libro. Actividade que coordina o EDLG dentro dos clubs de lectura da biblioteca.

O alumnado participou e intercambiou opinións sobre os personaxes, alumnos/-as dun instituto e as súas familias. As relacións nunha pequena vila fan aflorar o acoso, os bulos e ante todo, a hipocresía.

Parabéns!