A sesión versou sobre A agonía das folerpas, de Óscar Reboiras, unha obra inquietante, chea de misterio nunha contorna real.
Compartimos comentarios sobre a obra, interesantes análises sobre as accións e os lugares (visitables hoxe en día). A próxima convocatoria é o 10 de marzo.
O Equipo da Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística agradecen a participación.
