Contacontos con Raquel Queizás

O alumnado de Infantil e de 1º e 2º de Primaria viviu o venres a mañá a maxia dos contos da man de Raquel Queizás. O xogo de Nano ten como protagonista a unha rá que vive unha aventura cada día e o mesmo lle sucedeu aos nenos e nenas, que compartiron con Raquel ledicia e sorrisos, nun espectáculo lúdico e atractivo.
Agradecementos a Raquel Queizás e ao Concello de Betanzos por ofrecernos a actividade.
#raquelqueizas #oxogodenano #contacontos