Enrique Mauricio e Carlos Álvarez Taboada (Polo correo do vento) achegaron a vida e obra de Xela Arias, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas, ao alumnado de 1º e 2º ESO.
Na primeira parte da sesión, abordouse a figura de Xela Arias cun atractivo relatorio e á vez realizouse unha sorprendente caricatura da homenaxeada, que rematou cunha rolda de preguntas. Na segunda parte, sempre tendo como guía ao ilustrador, o alumnado realizou un debuxo de Xela. A interacción primou na actividade, que foi moi do gusto do alumnado.
Agradecementos a “Polo correo do vento” e ao SNL do Concello