CONVIVENCIA IÑÁS 1º-2º BACHARELATO

 O alumnado de primeiro e segundo de Bacharelato  desfrutaron dunha experiencia moi gratificante e enriquecedora. Foi unha oportunidade estupenda para compartir tempo xuntos fóra das aulas, coñecernos mellor e fortalecer a relación entre os compañeiros e compañeiras.

 Marchamos de Iñás con moi bos recordos e coa sensación de que este tipo de actividades nos axudan a estar máis unidos, a coñecernos máis os uns aos outros e a facer do noso día a día no colexio unha experiencia máis agradable e enriquecedora.