Hoxe, alumnos de 2º de Bacharelato defenderon os seus proxectos STEMbac.
Jaime P co seu traballo titulado “Lei de arrefriamento de Newton” no que resolveu un problema físico (a velocidade á que se arrefría un corpo) levándoo a ecuacións matemáticas, cuxos resultados tivo que comparar co estudo no laboratorio e Macarena V co traballo “Novas dianas terapéuticas para o tratamento da artrose: un modelo in vitro”, no que fixo un estudo no laboratorio da artrose e como tratala mediante un modelo de fabricación in vitro, en vez dos métodos convencionais; ambos proxectos da UDC.
Así mesmo Uxía C presentou o proxecto da USC titulado “Indagación no laboratorio de química: que pasta de dentes é máis efectiva para previr as caries” no que, simulando a composición dos dentes con restos de cunchas e aplicándolles dentífricos de diferente composición, comprobou cál é a máis efectiva.