Degustación de Entroido

Onte a mañá o alumnado de 1 ESO disfrutou un menú-degustación con larpeiradas de Entroido. Non faltaron as orellas, filloas e rosquiñas de anís nun ambiente de compañeirismo e lecer. Grazas á colaboración das familias, que transmiten a tradición gastronómica ás seguintes xeracións.