Día do Libro

Con motivo da celebración do Día do Libro, na Biblioteca do Centro durante toda a semana organízase unha exposición con títulos para todas as idades.

Así mesmo, os alumnos e alumnas  de ESO e Bac. participaron nunha rolda literaria coa que compartiron as súas experiencias lectoras. Ao longo da mañá, en grupos reducidos, presentaron os libros motivando a interacción entre diferentes grupos. Sendo os protagonistas de fomentar a lectura entre os seus iguais conseguiron contaxiar as ganas de ler as obras elexidas.

Parabéns a todos e a todas pola colaboración!