Dotación e actualización de aulas dixitais

O avance tan rápido da tecnoloxía fai que o material que se mercou hai 10 anos non teña hoxe futuro. Po iso, sobre todo en 7 das aulas de EI, EP e ESO, é necesario a reposición do equipamento dixital das aulas: Panel dixital interactivo de 65 pulgadas e o equipo informático (un ordenador portátil).
Atendendo a estas inquietudes, o centro ven de ter aprobada a solicitude de subvención para centros privados sostidos con fondos públicos para a dotación de medios dixitais apropiados para a ensinanza e aprendizaxe en calquera modalidade, presencial, a distancia e mixta.
Esta axuda está promovida pola Xunta de Galicia con cargo aos Fondos da UE e ao Plan de Recuperación e Resiliencia.
Os obxectivos principais deste proxecto radican no seguinte:
  • Proporcionar aos alumnos a mellor das experiencias dixitais educativas.
  • Preparar ao alumnado para o mundo real, tremendamente dixitalizado en todos os aspectos da vida (ocio e laboral).
  • Traballar e incorporar novas tecnoloxías para actualizar os métodos de ensinanza.
Entre as actividades a desenvolver, cómpre analizar que no terceiro ciclo de Educación Primaria e en Educación Secundaria Obrigatoria o centro se atopa inmerso no proxecto Edixgal, o que fai necesario contar cun equipamento adecuado para o traballo en entornos dixitais, a destacar: corrección de actividades interactivas, proxección de unidades, utilización de apps como Kahoot ou Quizziz, etc.
No caso das aulas que non contan con Edixgal, o centro conta cunha aula virtual de Moodle na cal tamén se poden realizar tarefas como as indicadas anteriormente.
Finalmente, engadir que moitos mestres están a realizar actividades como Flipped Classroom, o que significa que contar con paneis interactivos e portátiles de última xeración facilitará este traballo co alumnado.