Encontro con Miguelanxo Prado

O alumnado de ESO, que participou no proxecto interdisciplinar de Plástica e Lingua Galega e Literatura, tivo a oportunidade de compartir con Miguelanxo Prado, recoñecido autor e ilustrador, a súa traxectoría artística e vital, analizando o proceso creativo, a planificación e a realización dun cómic. O alumnado traballou e leu a magnífica obra O pacto do letargo.

Despois da charla sobre o proceso artístico e a súa traxectoria, o autor abriu unha rolda de preguntas, que foi moi enriquecedora. Finalmente, viu os debuxos feitos polo alumnado e asinou os libros.

Parabéns! a Miguelanxo Prado pola súa atención e empatía.