Encontro do autor Carlos Negro co alumnado de 3º e 4º da ESO

Encontro do autor Carlos Negro co alumnado de 3º e 4º da ESO

Carlos Negro fixo unha introdución ao conto de medo, as súas características e temas, para despois falar dos nove contos da súa obra Non cantan paxaros neste bosque. Indicoulle ao alumnado as ideas que o levaran a cada conto, como analizar os silencios e manter a incertidume e a importancia dos finais abertos. O encontro rematou cunha animada rolda de preguntas e a sinatura dos libros.

Parabéns a Carlos Negro por achegarnos ao fantástico e ao irreal coa dose xusta de desacougo e inquedanza.

O EDLG agradece a colaboración e participación do alumnado.