Exposición “Tinta e compromiso” – 4º de ESO/EDLG

Exposición “Tinta e compromiso” – 4º de ESO/EDLG

Xunto a dez centros da Coruña, de Escolas Católicas, participamos na exposición “Tinta e compromiso” sobre mulleres e homes referentes no xornalismo e na escrita galega, como Begoña Caamaño, homenaxeada nas Letras Galegas. O noso alumnado de 4º de ESO investigou e elaborou os carteis de Filomena Dato e Marta Dacosta. A exposición inaugurouse o 18 de maio e pódese visitar ata o 28 de maio, na Biblioteca González Garcés da Coruña.

https://bibliotecas.xunta.gal/gl/coruna/axenda/tinta-e-compromiso