Faladoiro sobre as noticias falsas – 3º e 4º de ESO

Faladoiro sobre as noticias falsas – 3º e 4º de ESO

O voluntariado lingüístico do Equipo de Dinamización Lingüística  de 2º Bac falou sobre os bulos nas redes e outros medios de comunicación ao alumnado de 3º  e 4º de ESO. Foi unha actividade moi instrutiva con moitos exemplos, que sorprenderon aos alumnos e alumnas. Fíxose entrega dun tríptico sobre o tema.