Para celebrar o Día das Letras Galegas no que se homenaxea ás cantareiras e á lírica oral, Lucía Vázquez Quintián, da E.M.B.T de Coirós e do grupo Escaravellos, coas alumnas Paula e Laura Moretón Sesto tocaron e cantaron pezas recollidas ás pandereteiras de Mens e a Eva Castiñeira.
Foi unha xornada única, festiva e moi didáctica para o alumnado de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de E. Primaria.
O Equipo de Dinamización agradece a colaboración de Lucía, Paula e Laura.







