Horno solar 5°ep

Os nenos e nenas de 5º de EP construíron un forno solar na clase de Naturais para comprender, dunha maneira práctica, como a enerxía solar pode transformarse en calor.

Con esta actividade afondaron en conceptos como as enerxías renovables, a sustentabilidade e o uso responsable dos recursos, aprendendo a través da experimentación e do traballo en equipo.