I Día de ir andando á Escola

Este venres 27 de maio celebramos o I Día de ir andando á escola. En colaboración co Concello de Betanzos @betanzostancerca o CEIP Vales Villamarín,

o IES Francisco Aguiar e o IES As Mariñas fomentaremos que na medida do posible os rapaces acudan ao centro escolar andando, en transporte público ou compartindo coche, sempre na medida das súas posibilidades.

Súmate ao cambio, axuda co cambio climático e fai exercicio.