Iria Misa co alumnado de 1º e 2º ESO

A autora Iria Misa visitou o noso colexio para ter un faladoiro co alumnado de 1º e 2º ESO sobre a obra A cidade do átomo, coa que acaba de gañar o Premio Frei Martín Sarmiento de Escolas Católicas.

Durante o encontro o alumnado soubo como se fraguou a obra, a razón de escoller o tema, de centrar a trama en Chernóbil…a continuación os rapaces e rapazas fixéronlle preguntas sobre a  obra e a súa vida como escritora, rematando coa sinatura dos libros.

O EDLG agradece a Xerais o feito de poder contar hoxe con Iria Misa co obxectivo de  promover a lectura e os encontros con autores/-as en lingua galega. Parabéns Iria!