Obradoiro de Escrita Creativa 1º Bach

A poeta e editora, Dores Tembrás, guiou ao alumnado nun exercicio de reflexión sobre a importancia da palabra, a súa escolla na escrita, que palabra é clave para un…Asemade invitou ao alumnado a participar no X Concurso de creación literaria do Concello de Betanzos, cuxo prazo de presentación dos textos está aberto desde o 19 de abril ata o 14 de maio de 2021.

O obradoiro foi unha actividade motivadora no que os alumnos e alumnas participaron activamente, tendo a oportunidade de entender o acto creativo tanto na escrita como na lectura desde unha visión diferente.

Parabéns pola proposta dentro da programación do Día Internacional do Libro e da Lectura.

EDLG