Obradoiro sobre apoderamento lingüístico – 4º ESO

Obradoiro sobre apoderamento lingüístico – 4º ESO

Andrea R. de Rexenerando S. Coop. achegou ao alumnado diferentes ferramentas para a activación de falantes en galego. Tras unha breve introdución sobre as linguas minorizadas e a
importancia da diversidade lingüística, o alumnado analizou a súa situación individual para logo facer unha reflexión grupal sobre a situación lingüística.

Parabéns ao SNL do Concello de Betanzos por ofrecernos a actividade e a Andrea R. por achegar á rapazada a realidade da nosa lingua con dinámicas moi atractivas.