Hoxe tivo lugar o Pleno Infantil de Betanzos na aula de Cultura, pero non sen antes tomar posesión a nosa alumna Sofía como alcaldesa infantil, os alumnos Nicolás, Elisa e Daniella como concelleiros municipais e Raúl como tradutor a inglés.
Este acto tivo lugar no salón dos plenos do concello, onde a Excelentísima Alcaldesa Dona María Barral Varela recibiu ao alumnos do noso centro e do Vales Villamarín xunto ao resto da corporación municipal.
Os nosos alumnos levaron propostas relacionas coa creación dun paso de peóns na rúa Baltasar Pardal Vidal, a modernización dos parques, o cine Alfonsetti, a creación de torneos infantís polo San Roque e a dinamización da Feira Medieval.
Ademais, o Concello deu un agasallo aos nosos rapaces a maiores do diploma acreditativo correspondente.
Moitas gracias ao Concello de Betanzos e noraboa rapaces polo voso traballo!