Pleno Infantil 2020

image

Pese a atoparnos xa no 2021, este ano o Pleno Infantil tivo que pospoñerse e realizarse no noso centro por mor da pandemia da COVID-19.

Os rapaces realizaron propostas moi interesantes, tales como a mellora da iluminación na Rúa Baltasar Pardal Vidal.

Queremos agradecer profundamente á alcaldesa María Barral e ao concelleiro Andrés Hermida a súa presenza e colaboración para desenvolver a actividades.