“Polo correo do vento” homenaxea a Rosalía co alumnado de 3º e 4º de E. Primaria.

“Polo correo do vento” homenaxea a Rosalía co alumnado de 3º e 4º de E. Primaria.

Os rapaces e rapazas de 3º e 4º de EP recibiron a visita de “Polo correo do vento”, que realizou un contacontos ilustrado sobre Rosalía de Castro, homenaxeada o vindeiro 23 de febreiro.

A narración oral acompañouse da realización das ilustracións, á vez que participaba o alumnado facendo a caricatura da poeta.

Parabéns! do Equipo de Dinamización Lingüística ao SNL do Concello de Betanzos que fixo posible a actividade.